bioshock-infinite-burial-at-sea
Nunha recente entrevista, Ken Levine (@IGLevine), co-fundador de Irrational Games e creador directivo do «Bioshock» e «Bioshock Infinite», deu novos detalles do vindeiro DLC, titulado «Burial at Sea».

Nesta nova historia detectivesca, os protagonistas Booker e Elizabeth recibirán cada un os seus propios episodios.

A acción terá lugar na cidade de Rapture na Noitevella de 1958, a mesma noite na que comezou a revolución na cidade. “O retorno de Bioshock a Rapture foi inspirado polo desexo de amosar a cidade cando estaba chea de vida, pero facéndoo nun contexto dunha historia interesante.”

Aínda non se sabe nada da data de lanzamento deste novo DLC.

Por outra banda, tamén anunciaron o lanzamento do novo DLC «Clash in the Clouds», que inclue novos desafíos e combates. Xa está dispoñible para descargar por 400 Microsoft Points ou 4,79 Euros, ou totalmente gratuito para os xogadores que se fixeron co Pase de tempada.

No recente informe de resultados da compañía distribuidora Take Two, fíxose público que o xogo acadou xa a cifra de 4 millóns de copias vendidas.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario