Nun recente informe de resultados da compañía distribuidora Take Two, anunciaron que o «Grand Theft Auto IV» acadou a cifra dos 25 millóns de copias vendidas, despois de acadar os 11 millóns no seu primeiro mes no mercado.
A pesar de estar no mercado dende 2008, o Grand Theft Auto IV segue a ser un dos que mellores resultados económicos lle segue a dar á compañía, moi preto de títulos recentes como o «Borderlands 2», «Bioshock Infinite» ou «NBA 2K13», por exemplo.
Con estas cifras de vendas, a saga Grand Theft Auto acadou os 125 millóns de copias vendidas, dende a súa estrea en 1997.