Sony e Panasonic están a traballar conxuntamente no formato que substituirá ao Blu-Ray na próxima xeración de consolas e que pretenden ter rematado para finais de 2015.
A idea é conseguir un novo disco óptico con até 300 GB de almacenamento e moito máis resistente ao paso do tempo, á humidade ou aos cambios de temperatura.
Con este movemento pretenden ofrecer un soporte de almacenamento de datos coa capacidade de conter filmes a maior resolución (como a resolución 4K, equivalente a uns 4000 píxeles, catro veces máis resolución que a actual 1080p), videoxogos, maior almacenamento de datos (por fin poderemos ver o galego nos filmes?)…
Por outro lado, aínda que se estipule que a finais do 2015 teñan este novo formato, non significa que sexa a data de comercialización deste sucesor do Blu-Ray.
[…] Sony e Panasonic traballan no sucesor do Blu-Ray que podería contar con 300GB de almacenamento […]