Despois de pouco máis dun mes dende que anunciaran a segunda entrega, a compañía Polytron cancela o Fez II.
As primeiras novas da cancelación chegaron a través da conta en Twitter (@Polytron) da compañía canadense, onde escribiron a seguinte mensaxe:
It's with a heavy heart that we announce that FEZ II has been cancelled and is no longer in development. We apologize for the disappointment
— Polytron (@Polytron) July 27, 2013
“É con gran tristeza que anunciamos que FEZ II foi cancelado e xa non está en desenvolvemento. Pedimos desculpas pola decepción.”
Pouco tempo despois, o director creativo do xogo, Phil Fish publicaba unha breve entrada na páxina web da compañía:
“FEZ II foi cancelado
Estou acabado
Collo os cartos e fuxo
Isto é todo o que podo soportar
Isto non é o resultado dunha soa cousa, senón a fin dunha longa e sanguenta campaña.Ti gañas.”
Pouco antes de protexer a lectura pública da súa conta en Twitter (@PHIL_FISH), Fish comunicou que esta cancelación non ten nada que ver cunha pequena liorta virtual que tivo na mesma rede social o mesmo día e que abandona o mundo dos videoxogos.
Aínda que non hai cifras oficiais, a compañía Polytron anunciara que a primeira entrega do xogo vendera máis de 100.000 copias e está dispoñible para PC e Xbox 360.