Activision-Blizzard independizase de Vivendi.

Por: Venres, 26 de Xullo de 2013

Activision-Blizzard

Ata o momento, Vivendi era o accionista con maior peso para o xigante do ocio electrónico Activision Blizzard, posuindo o 60% das accións da compañía. Sen embargo, as cousas cambiarán a partir de agora posto que varios directivos da empresa, entre eles o popular Bobby Kotick, invertiron preto de 8.000 millóns de euros na compra de accións para que Activision Blizzard alcance a sua plena independencia.

Así pois, a empresa responsabel de sagas tan exitosas como Call of Duty ou World Of Warcraft mercará 439 millóns de accións das mans de Vivendi por un valor de 5.830 millóns de dólares; ó que debemos sumar os case 172 millóns de accións por valor de 2.340 millóns de dólares que mercarán varios directivos da compañía, como o debandito Bobby Kotick e Brian Kelly, para roubar a Vivendi a sua posición como accionista maioritario.

Estas transacións representan unha gran oportunidade para Activision-Blizzard e os seus inversores, incluindo a propia Vivendi“, declarou o respecto Bobby Kotick, que en conxunción co seu novo grupo de accionistas, fixéronse có control personal do 24,9% das accións de Activision Blizzard, reforzando así sua posición na compañía.

Sobre o autor:

@Nero | Ver as entradas publicadas por Nero »

«Levo máis de 20 anos xogando a videoxogos, comecei no meu Comodore 64 repartindo patadas co Last Ninja II, pasando por a Super Nintendo e a Game Boy Pocket no campo consoleril ata chegar as máquinas da presente xeración. Amante do xénero J-RPG e aficionado os xogos de acción, degustar historias e mundos oníricos e a miña paixón como gamer.»

Deixar un comentario