Algúns dos mais importantes membros do estudio de Bioware, Ken Thain e Mike Gamble, mantiveron unha interesante conversación en Twitter onde podemos sonsacar que o desenvolvemento de Mass Effect 4 vai según o previsto.
“Unha nova historia de Mass Effect e un personaje principal estiveron sometidos a estudo hoxe. Esta merda e real. Creo que os fans estarán abraiados de xogar esta historia“, declarou Thain.
“Hoxe déronse importantes reunións para debatir os avances de Mass Effect. As cousas avanzan ben. E xenial estar involucrado neste universo outra vez“, dixo, pola sua parte, Gamble.
Recordemos que fai uns días Yannick Roy, o director de Bioware Montreal, fixera unhas declaracións sobre o enfoque novo da saga. O tratarse de unha nova historia cun novo protagonista, o xogo apostará por asemellarse máis os orixes da franquicia que seguir na evolución do xénero shooter como ben pasou có terceiro título, contentando así tanto os fans clásicos coma os novos xogadores que decidan incorporarse as filas deste maravilloso universo.