Undead Labs confirmou que haberá unha versión para PC do xogo State of Decay neste mesmo 2013.
O xogo foi todo un éxito dende o seu lanzamento o pasado 5 de xuño a través de Xbox Live Arcade, onde xa acadou a cifra das 500.000 descargas, convertíndose no xogo orixinal que máis rápido acadou esa cifra.
Esta nova versión para PC terá mellora nos gráficos, maior resolución e maior taxa de imaxes, pero non terá diferente contido nin características.
“O que non terá a versión de PC serán ferramentas de modificación (por cuestións de tempo e probas), pero non temos ningunha obxección cos mods e estaremos moi atentos a ver con que nos sorprenden os xogarores de PC.”
O estudio tamén ten a intención de participar no programa “Steam’s Early Access”, no que os xogadores poderán ter acceso ás versións beta do xogo antes do lanzamento ao mercado da versión final do xogo.
Co éxito acadado, non é de estrañar que Phil Spencer, vicepresidente de Microsoft Studios, amosara o seu interés en levar o título á nova videoconsola Xbox One, facendo notar que o estudo ten grandes plans para a franquía.