A nova entrega da saga de simulación de conducción de Turn 10, «Forza 5» requerirá que os usuarios descarguen un paquete de contido gratuíto de Xbox Live para poder iniciar o xogo, que non funcionará se non se descarga dito paquete.
Tal como comentou Dan Greenawalt recentemente nunha entrevista:
“Cando inicias o xogo por primeira vez, terás que iniciar sesión e, cando o fagas, obterás unha chea de contidos: circuitos e coches. Isto é necesario para poder xogar ao xogo.”
Por outra banda, o sistema Drivatar que controlará aos coches da IA, tamén precisará dunha conexión para estar actualizado, se ben non é obrigatorio.
“Tes que conectar o xogo para poder obter os últimos Drivatars, porque necesitamos o maior número posible de xente para adestralos. E así, en vez de ter só un conxunto creado por nós para o día do lanzamento, cada día que a xente corra fará que os Drivatars sexan máis precisos, máis diversos e moito máis interesantes.”
“Todas as características na nube e en liña fan o xogo moito, moito mellor.”