Anunciado o «F1 2013»

Por: Luns, 15 de Xullo de 2013

f1-2013
Codemasters anunciou oficialmente o vindeiro lanzamento do F1 2013.

Como ven sendo habitual, nesta nova entrega, incluirán todos os circuitos, coches e pilotos da tempada 2013 de Fórmula 1.
O lanzamento está previsto para este outono para PC, PlayStation 3 e Xbox 360 e haberá dúas versións: F1 2013 e F1 2013: Classic Edition.

A maior novidade é un modo de xogo denominado F1 Classics, no que os xogadores poderán competir contra coches míticos dos anos 80 como o Williams, Lotus ou Ferrari nas mans de pilotos históricos como Mario Andretti, Nigel Mansell, Emerson Fitipaldi ou Gerhard Berger, entre outros moitos, en circuitos tan coñecidos como Brands Hatch e Xerez.

Na Edición Clásica incluirán un paquete con coches dos 90, como os Williams e Ferrari e pilotos como David Coulthard, Jacques Villeneuve, Eddie Irvine ou Alain Prost, entre outros.

Para os usuarios da versión normal do xogo, os paquetes Clásicos estarán dispoñibles como DLC.

Por outra banda, Steve Hood, director creativo de Codemasters, respondeu ás preguntas dos usuarios na súa conta de Twitter. Ante a pregunta dunha versión para a Wii U, respondeu que tería que ser un xogo moi diferente para simplemente poder funcionar na Wii U.

Á pregunta dunha versión para a PS Vita respondeu que simplemente non ten sentido financieiro para a compañía e xa teñen moitas cousas que facer.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario