Sony acaba de anunciar que os usuarios que fagan a reserva da exclusiva de PS4 «Killzone: Shadow Fall» recibirán como premio o paquete Shadow Pack, que incluirá:
- Skin OWL: Dalle ao teu OWL unha apariencia única con estes skins exclusivos. Quen dixo que os drons de combate non poden ter a súa propia personalidade?
- Movemento multixogador “Spotlight”: Celebra os teus triunfos sobre os xogadores inimigos no modo multixogador dun xeito único con este movemento especial de victoria.
- Banda sonora oficial: Escoita a partitura cinematográfica de “Killzone: Shadow Fall”, que trae os dous lados do conflito á vida como nunca antes.
Por outra banda, onte fíxose público un vídeo de case 9 minutos de duración dunha demo que estivo dispoñible durante o pasado E3
Está previsto que esté dispoñible no momento do lanzamento da PlayStation 4, aínda sen confirmar.