Recentemente facíamos un exercicio de memoria (pixelada) para lembrar algúns dos mellores xogos da Master System. Afondando no mesmo exercicio de nostalxia profunda producida ao volver á preadolescencia, topamos curiosidades descoñecidas para a grande maioría dos gamers, coma a versión de Street Fighter II para os 8 bits de Sega.
O que para moitos nos pode soar a ciencia ficción: o xogo fetiche encherecreativos e vendeconsolas, a xoia da corona de Capcom, xogable na mesma consola na que non deixaban de divertirnos xogos cunha mecánica simple e repetitiva coma Teddy Boy, fíxose realidade ao outro lado do charco, pero non nos USA, se non no Brasil, mercado cunhas características diferenciadas onde, aínda a día de hoxe, se pode mercar a consola baixo o nome de Master System Evolution e distribuida polo fabricante local TecToy.
E nese longo periplo de vida útil da consola, Capcom albiscou a oportunidade e no 1997 licenciou a TecToy para que vira a luz este curioso xogo, que batía todos os records de capacidade de memoria nun cartucho para un sistema de 8 bits (8 megabits, Mb), nuns tempos nos que este dato presupoñía moito da calidade dos xogos (aínda resoaban os famosos 40 megas (Mb) do cartucho de Super Street Fighter II para Sega Mega Drive)
Dise do xogo en si, os que o poideron probar, que as limitacións técnicas propias do hardware (incluso o plantel de loitadores víuse limitado por esta cuestión, deixando fóra aos máis grandes e/ou rápidos coma Honda, Vega, Zangief e Dalshim por ser demasiado costoso o esforzo requerido para programar os movementos destos personaxes) e do pad da consola (con so dous botóns), fan pouco menos que un exercicio de voluntarismo adicarlle unhas horas, e que a súa xogabilidade non é comparable ao nivel de calidade gráfica que a versión acada exprimindo cada un dos seus 8 Mb.
En definitiva, unha curiosa adaptación do xogo ao que tantas horas adicamos, e unha curiosa historia desas das que os gamers tanto gustamos e que convirte a este cartucho nunha cotizada peza retro.
[…] A versión de Street Fighter II para Master System […]