O novo xogo de Rambo

Por: Xoves, 11 de Xullo de 2013

Rambo-The-Video-Game-600x369

Cando escasean as novas ideas, un recurso pode ser reutilizar o existente. E se lle acae un pouco o termo “retro” terás certo interese garantido polo público. E esto se pode decir polo momento deste novo “Rambo The Video Game”, título de acción en primeira persoa no que repetiremos escenas das tres primeiras películas, coma as fuxidas polo bosque en “Acurralado”, ou dispararlle frechas con cabeza explosiva aos helicopteros soviéticos no Afganistán de “Rambo 3”. Quédame a dúbida de se poderemos xogar partidos do xogo tradicional afgano de ir a cabalo e marcar tantos cun cabrito morto a modo de pelota. O lanzamento está previsto para este ano, e poderase xogar en PC, Xbox360 e PS3, mentres tanto podemos facernos unha idea do que nos agarda con este tráiler:

Sobre o autor:

@ssendon | Ver as entradas publicadas por ssendon »

«Entrei nesto da man de Alex Kidd, e desde aquel intre comprendín que parte da gracia é escoller o teu bando e criticar o dos outros. Declarome logo de Sega, da Xbox e do Fifa. No futuro apocalíptico que nos agarda enrolareime coma Gears ao servizo da COG, mentres tanto emulo, malamente, a ídolos musicais co guitar hero»

1 Comentario a “O novo xogo de Rambo”

  1. Skaltum di:

    A verdade é que no tráiler non pinta moi ben a cousa, se fixesen adaptacións como Batman aos videoxogos, o mundo de Rambo podería dar para unha saga de xogos.

Deixar un comentario