zombiu
Despois dos malos resultados económicos colleitados pola exclusiva de Wii U, «ZombiU», non entra dentro dos plans da compañía crear unha nova entrega.

O mal rendemento do xogo na videoconsola da Nintendo tamén foi un dos factores que levou a cambiar o Rayman Legends dunha exclusiva a multiplataforma.

Yves Guillemot, CEO da compañía dixo recentemente:

“Debemos atopar a maneira de asegurar que a creatividade deses xogos poida chegar á maior audiencia posible.

“Agardamos que despegue. Polo momento, nós dixemos ‘imos facer ata o Nadal e ver onde estamos entón.'”

Pola súa banda, o CEO de Electronic Arts, Peter Moore tamén explicou os motivos do pouco soporte da súa compañía á Wii U.

“Estabamos con eles no seu lanzamento con catro xogos. Fou unha decepción cando ves as cifras de vendas e, como compañía, temos que ser moi prudentes onde investimos os nosos recursos.

“A falta de compromiso co online na Wii U é preocupante. É tan esencial para o que facemos e son tan poucos que non paga a pena facer funcionar os servidores. Parece unha caixa que non está en sincronía co futuro de EA, que é o que da a sensación de relación social aos nosos xogos. A Wii U parece máis unha experiencia offline agora mesmo.”

Corren malos tempos para a videoconsola de Nintendo, que parece que entrou nin círculo de autodestrución: non consegue vender consolas porque os creadores apenas fan xogos para ela e os creadores non fan xogos porque apenas se venden consolas. O peixe que se morde a cola, que se soe dicir…

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario