Rockstar acaba de publicar un novo tráiler con imaxes ingame do vindeiro «Grand Theft Auto V» onde nos fan unha breve presentación das características que incluirá o xogo.
O lanzamento está previsto para o 17 de setembro para PlayStation 3 e Xbox 360.
Encántame as posibilidades que ofrecen manexar a tres personaxes na mesma acción, encántame a enormísima variedade de misións, as opcións que ofrece alleo ao xogo xomo o xogo de golf, tenis, ciclismo… sen dúbida vai ser un xogo obrigatorio desta xeración.
Pero o que non acabo de comprender é porque din (ou teño escoitado polas redes) que o apartado técnico é de luxo,a min polo menos segue sen sorprenderme demasiado.