xboxone

O presidente de Microsoft no Xapón, Yasuyuki Higuchi, realizou unhas declaracións sobre a relación entre Xbox One no mercado xaponés e recoñece que tal e como está agora mesmo a consola, vai ser difícil que se integre no mercado nipón.

Xbox One está orientada ao estilo de vida occidental e estamos pensando se lanzala ou non “tal e como está” en Xapón. Estamos tratando imaxinar como afrontar este problema con detalles como música e os servizos de vídeo de cada país. Sendo honestos, en lanzalo en Xapón tal e como estamos pensando será difícil.

Continuou da seguinte maneira, suxerindo algunhas das solucións:

Temos que preparar contidos que sexan relevantes para Xapón e preguntarnos o que será mellor e a que responderán positivamente os consumidores xaponeses. Nestes momentos estamos considerandos estas cuestións.

Personalmente opino que se nas anteriores consolas de Microsoft xa tivo inmensos problemas para integrar a súa máquina no país nipón, coa Xbox One, o problema imcrementarase, porque se polo que parece nin sequera os países occidentais están completamente contentos con esta consola (ou así é a impresión que dan), xa non digamos nun país no que os xogadores teñen unhas formas e gustos de xogos moi “de seu”.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Microsoft: Xbox One está orientada ao mercado occidental”

  1. carlos di:

    que non recorda os mandos mais pequenos da xbox pra o xapon por mor das suas pequenas mans xd xd xd

Deixar un comentario