michael-pachter

O polémico analista do grupo de Wedbush Morgan Securities, Michael Pachter, famoso polas actuais críticas á compañía Nintendo volve cargar contra ela dicindo que a súa consola Wii U non se pode comparar ao resto que hai no mercado:

Penso que Nintendo está na parte de abaixo dunha gran montaña, unha montaña cunha enorme costa arriba. Nintendo agardou dous anos de máis para lanzar un sistema competitivo á Xbox 360 e Playstation 3.

No momento que lanzaron Wii, que nun principio funcionou moi ben, os outros sobrepasárona.

Creo que nesta ocasión Nintendo quedará de terceira a moita distancia.

Estará no certo Pachter? Polo de momento parece que a consola de sobremesa de Nintendo non está a ter demasiado éxito, mais recordemos que Nintendo é experta en atraer a atención dos “casual gamers”.

Vós que opinades?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario