games-with-gold
Durante o pasado E3, Microsoft anunciou a promoción «Games with Gold», coa que ata decembro deste ano agasallaría con dous xogos ao mes a todos os usuarios cunha conta Gold en Xbox Live. O pasado xuño, estivo para descargar de balde o Fable III.

Agora, xa en xullo, os usuarios poderán descargar durante esta primeira quincena o «Defense Grid: The Awakening», que definen como “o xogo de estratexia de torres defensivas definitivo”. Recentemente, Larry Hryb, máis coñecido como Major Nelson, anunciou que durante a segunda quincena ofrecerán de balde o «Assassin’s Creed 2», segunda entrega da popular e exitosa saga de Ubisoft.

Durante a presentación da promoción, outro dos títulos que nomearon foi o «Halo 3» que estará dispoñible próximamente.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario