Maxis pregunta aos usuarios de SimCity

Por: Xoves, 4 de Xullo de 2013

simcity
Segundo unha enquisa enviada a certos usuarios de SimCity, Maxis podería estar plantexándose cambiar algunhas cousas no xogo que tanta polémica creou no seu lanzamento.

A obligación de estar sempre conectado e o pequeno tamaño das cidades foron dos puntos que máis molestaron aos usuarios e que agora a compañía podería estar a considerar modificar, tal e como se pode extraer dalgunhas das preguntas da devandita enquisa, onde se mencionan “cidades máis grandes” e un “modo clásico”, que permitiría aos usuarios xogar sen conexión para crear “unha cidade única e totalmente funcional onde empregar trucos e desbloqueos que permiten crear a túa cidade perfecta”.

Durante os problemas de conexión dos servidores despois do lanzamento do xogo, Frank Gibeau, presidente de EA Labels, comentou que a obligación de estar sempre conectado non tiña que ver cun sistema DRM e que formaba parte da intención da compañía de crear un servizo online.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario