gtav
RockStar responde a algunhas das dúbidas plantexaron plantexadas polos usuarios na súa páxina web.

Os detalles que máis cabe destacar son: as diferenzas gráficas entre as versións de PlayStation 3 e Xbox 360 serán mínimas, precisará de 8 GB de instalación no disco duro de ambas as dúas videoconsolas e a versión para Xbox 360 virá en dous discos, mentres que a versión para PlayStation 3, só constará dun disco.


Aquí tedes as preguntas dos usuarios e as respostas de RockStar, como non, traducidas ao galego:

Preguntas:
“Así que podes cambiar de personaxe? Trevor, Michael e Franklin – Podes xogar con todos no xogo? E todos teñen as súas propias misións???!” – @GTAVISBEST
“Como funcionará o cambio entre personaxes durante as misións?” – HIBMFL
“Tes que cambiar de personaxe constantemente?” – killer772

Resposta:
Michael, Franklin e Trevor teñen as súas vidas propias separadas cos seus respectivos amigos e coñecidos e incluso o seu xeito preferido de pasar o seu tempo libre. Cando non estás nunha misión, podes cambiar en tempo real entre calquera dos tres personaxes para entrar e saír das súas vidas permitíndote ver o que están a facer. E porque teñen a súa propia planificación, nunca poderás saber que están a facer: podes cambiar a Michael e atopalo xusto no medio dunha rifa familiar, interromper a Franklin ligando coas mozas ou a Trevor fuxindo da lei ou calquera outra cousa que estes tipos fagan no seu tempo libre… Como e cando cambias entre eles cando non estás nunha misión queda nas túas mans.

Ademáis, cada un deles ten as súas propias misións e traballos. Haberá momentos nunha misión na que xogarás con un personaxe, ou con combinacións de dous deles e ás veces cos tres e sempre poderás cambiar entre eles en medio da acción. Fora das misións, é cousa túa. Podes xogar como un personaxe ou saír con calquera dos outros dous, ou ambos, ou podes cambiar entre calquera deles.

Pregunta:
“Se estou a xogar como Trevor, podo diminuír o zoom, descubrir onde está Michael e despois ir e matalo mentres está xogando como Trevor? #GTAV” – @GTALAD4EVA

Resposta:
Nun mundo aberto, os personaxes están pensados para vivir as súas propias e impredecibles vidas, así que, comprensiblemente, non sempre é sinxelo atopar a un deles na enorme cidade de Los Santos ou o resto de cidades que hai no Condado de Blaine en calquer momento, pero poderás chegar a atopalos. Despois de atopalos (ou simplemente chamándoos para quedar con eles) evidentemente poderás saír con eles, irritalos e mesmo agredilos, pero non poderás matalos. Terán o poder de recuperarse e un bo seguro médico. O xogo baséase en xogar todas as partes de historias entrelazadas destes tres personaxes ao contrario de ter personaxes xenéricos, así que matar definitivamente a un personaxe importante desa forma non tería sentido. Se un xogador é o suficientemente determinado, con todo, poden moi ben atopar un xeito de ferir gravemente a un dos personaxes e cambiarse a ese personaxe para que o leven ao hospital e continuar onde o deixou.

Pregunta:
“Ola, decateime que a Edición Especial do GTA V inclúe un enorme mapa azul. Preguntábame se a Edición Normal do GTA V incluirá o mapa dobrado tradicional que, ata onde recordo, sempre foron incluídos nos anteriores GTA.” – recibida vía Mouthoff
“Incluiráse un póster do GTA V cando merquemos o xogo?” – @ny718kid

Resposta:
Como en todas as entregas anteriores de Grand Theft Auto, fixemos a cuestión de incluir un mapa do mundo para axudar aos xogadores a navegar pola cidade. En todas as versións de GTA V, o xogo incluirá un mapa con todos os detalles que os xogadores precisarán para moverse polo mapa. Un cambio importante é que cun mapa do tamaño que ten o xogo, creamos un mapa de dobre cara para asegurarnos que os xogadores teñen toda a información que poidan necesitar para descubrir e explorar o mundo. O mapa azul das outras edición conterá moita información adicional e segredos.

Pregunta:
“Chámome Pedro e téño unha dúbida. Cando van liberar as ligazóns de reserva da Edición Especial e de Coleccionista do Grand Theft Auto V en Brasil?” – recibida vía Mouthoff

Resposta:
Ola, Pedro. Estamos a traballar duro para facer que as reservas da Edición Especial e Coleccionista estén dispoñibles o antes posible en Brasil. Agora mesmo estamos agardando a que se resolvan uns problemas de aduanas antes que os vendedores de Brasil poidan comezar a aceptar reservas. Para todos os demáis que teñades preguntas sobre onde e se estará dispoñible a Edición Especial e a de Coleccionista no teu territorio, estamos tratando de manter a páxina www.rockstargames.com/V/preorder o máis actualizada posible para todos os territorios amosados. Se tedes algunha pregunta adicional, ponte en contacto connosco en mouthoff@rockstargames.com e estaremos encantados de investigalo por ti.

Pregunta:
“Poderíasnos dicir ata que punto as armas e vehículos serán personalizables?” – @kieranmgklaceup

Resposta:
Sen entrar en detalles, podemos dicir que ambos serán moi personalizables, cunha serie de actualizacións de armas, así como algúnhas personalizacións máis profundas dos coches. Permanece atento para máis información pronto..

Pregunta:
“RockStar, cantos discos terán as versións de Xbox e PS3? Pregúntoo para ser consciente de cantos discos terei que instalar no disco duro da miña Xbox 360.” – cj67890
“Ola R*, como vos dicides, GTA V será o maior xogo creado nunca por RockStar, evidentemente tamén será o que máis espazo ocupe. Como ides resolver o problema coa limitación dos discos da Xbox 360? Terá o GTA V varios discos (na versión da 360)?” – youtubos
“Se instalamos o GTAV na Xbox 360, teremos que meter os outros discos ou non?” – Persian-boy1995

Resposta:
Grand Theft Auto V é o meirande e máis ambicioso xogo que endexamáis creamos e saca todo o proveito da potencia de procesamento dispoñible nas consolas da xeración actual. Para ter a mellor experiencia de xogo posible cun mundo tan grande e detallado, o xogo terá uns requerimentos de instalación tanto na Xbox 360, como na PlayStation®3. Para a Xbox 360, Grand Theft Auto V constará de dous discos, o primeiro para unha instalación inicial e o segundo para xogar. Despois de instalalo, os xogadores poderán desfrutar tanto do Grand Theft Auto V, como do Grand Theft Auto Online, sen ter que cambiar de disco.

Esta instalación inicial requerirá un disco duro da Xbox 360 ou dispositivo de almacenamento externo de 16 GB con, polo menos, 8 GB de espazo libre. Se empregas unha memoria externa, deberá ser compatible con USB 2.0 con polo menos 15 MB/s de velocidade de lectura e formateada para empregar coa Xbox 360. Unha memoria USB nova é recomendada para asegurar un rendemento óptimo.

Para a PlayStation®3, o xogo consta dun único disco e instalará o contido en canto o insertes. A instalación ocupará 8GB e poderase xogar en canto se complete.

Pregunta:
“Algunha vez veremos algo dentro do xogo de GTA V?” – @ASTR4Lx

Resposta:
Si, Moi pronto (ou en setembro se non queres velo antes de xogalo… é cousa túa) – o primeiro vídeo ingame está de camiño…

Pregunta:
“Ei, RockStar, teño curiosidade por saber se sacaredes o GTA V para PC…” – recibida vía Mouthoff
“Probablemente xa o preguntaron antes, pero sairá GTA V tamén nas consolas de nova xeración?” – @tomtoon2010

Resposta:
As únicas versións que foron anunciadas son para a Xbox 360 e PlayStation®3, previstas para o seu lanzamento mundial o 17 de setembro. Agora mesmo, non temos nada que compartir sobre a posibilidade dunha versión para a próxima xeración ou PC e estamos totalmente centrados en ofrecer a mellor experiencia posible coas consolas que ten a xente agora mesmo.”

Pregunta:
“Cando teremos información do multixogador do GTA V”? – @camronbnl3

Resposta:
Agarda a escoitar algúns detalles pronto – chámase Grand Theft Auto Online e estamos moi emocionados de revelalo nalgún momento deste verán.

Pregunta:
“Un xogo multixogador saudable como o GTA IV é difícil de atopar hoxe en día. Por saudable, refírome a xogadores que xogan limpo por diversión. Cada vez que entro nunha partida, están modificados ou hackeados. Cando creo unha partida personalizada, entra algún imbécil abusón na partida e arruina a diversión de todos os demáis. Non podo simplemente botalos da partida a menos que todo o mundo vote. Facede algo con isto en GTA V, RockStar.” – recibida vía Mouthoff

Resposta:
Dende que foi lanzado o Grand Theft Auto IV, continuamos integrando novos e máis potentes métodos de deteción e prevención de trucos en cada xogo. Aínda que temos que revelar que medidas anti-trucos temos planeadas para GTA V, tede a certeza que estamos centrados na creación do campo de xogo tan limpo, divertido (e saudable como ti dis), unha experiencia posible para todo o mundo. Sempre haberá alguén que quererá empregar trucos pero farémolo o mellor posible para paralo. Empregamos moito tempo e esforzo para facer unha incrible experiencia Online e dar o soporte axeitado a esta parte do paquete.

Pregunta:
“Ola RockStar, teño unha pregunta: Canta diferenza haberá entre as versións do xogo para PS3 e Xbox 360?” – recibida vía Mouthoff

Resposta:
Os xogadores poden agardar a mesma gran experiencia tanto na PlayStation 3 como na Xbox 360, xa que ambas foron desenvoltas en tándem. Como en todos os nosos xogos, tede a confianza de que estamos comprometidos en garantir que Grand Theft Auto V se vexa e funcione o mellor posible, independentemente se o mercaches para PlayStation 3 ou Xbox 360 e estamos emocionados para que os fans en ambas plataformas proben Grand Theft Auto V en setembro. Agardamos que calquer diferencia visual sexa completamente insignificante.

Pregunta:
“Cheirome un retraso…” – SanViceCity
“Agardo que R* lance o xogo o 17 de setembro. AGARDO que non sexa retrasado de novo.” – creed_20103

Resposta:
Non hai nada polo que preocuparse, así que non estamos moi seguros do que estás a cheirar! GTA V estará dispoñible para PlayStation 3 e Xbox 360 o 17 de setembro.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario