Tempo de rebaixas tamén en xogos da Xbox360

Por: Martes, 2 de Xullo de 2013

xbox-360-games-on-demand

A plataforma de venda de xogos en liña para Xbox 360 a través de Xbox Live, “Games on Demand“, oferta durante esta semana varios xogos a uns prezos moi interesantes, e polos que, nalgún caso, si se pode pensar na posibilidade de desbotar o ben querido e ben lucido formato físico habitual.

Entre os xogos destacados poderemos descargar o Assassin´s Creed 3, o Max Payne 3 ou o Far Cry 3 a un prezo de 9,99 €/ud.

Lista completa dos xogos en oferta pinchando aquí.

Sobre o autor:

@ssendon | Ver as entradas publicadas por ssendon »

«Entrei nesto da man de Alex Kidd, e desde aquel intre comprendín que parte da gracia é escoller o teu bando e criticar o dos outros. Declarome logo de Sega, da Xbox e do Fifa. No futuro apocalíptico que nos agarda enrolareime coma Gears ao servizo da COG, mentres tanto emulo, malamente, a ídolos musicais co guitar hero»

2 Comentarios a “Tempo de rebaixas tamén en xogos da Xbox360”

    • ssendon di:

      Parece ser que os xogos que destaquei so eran durante o día de onte. Hoxe xa hai outros, como o Table Tennis a 2,99€.
      O enlace direcciona directamente á lista actualizada de prezos.

      o Halo 4 en “xogos baixo demanda” está a 59,99€

Deixar un comentario