Segundo Microsoft, non hai plans para facer que o novo Kinect, que incluirán todas as consolas Xbox One, sexa compatible co PC.
“O sensor Kinect para Xbox One sensor non terá un adaptador que permita conectalo a un ordenador.”
A nova xeración de Kinect para Windows terá un conector estándar USB3, mentres que o da Xbox One empregará un conector propietario que o fará incompatible, entre outras cousas, segundo Microsoft.
Esta é unha mala nova para os creadores de software compatible con Kinect para PC, que verán enormemente reducido o posible mercado que suporían todos os xogadores que nun futuro teñan unha Xbox One.
Dentro do malo, cabe agardar que a comunidade de usuarios chegue a conseguir algún método para facer que si sexa compatible, aínda que dende Microsoft xa se apresuraron a dicir que Kinect non é licenciado para uso comercial, nin soportado ou nin con garantía cando se emprega noutra plataforma que non sexa Xbox One, incluído Windows.