Moitos xogadores déronse conta que os números de teléfono que aparecen en certos carteis dun “Control de pragas” existen na vida real e corresponden a liñas de contido sexual.
Segundo o diretor creativo, Neil Druckmann:
“Foi un erro artístico. O que ocorreu foi que puxeron varios números no xogo e pensaron despois en simplemente cambiar o código da área a 555, como fan nas películas, pero penso que iso non serve se tes un 1-800 diante. Xa estamos a traballar para eliminalos.” (1-800 é o prefixo de liñas de tarificación especial nos Estados Unidos, equivalente en España a un 806, por exemplo).
Recentemente, tamén houbo certa polémica porque, segundo parece, os creadores do xogo empregaron un deseño gráfico do mapa de tránsito do metro de Boston sen o permiso do seu creador, Cameron Booth, que nun principio amosou o seu enfado nas redes sociais, pero despois de que os creadores do xogo se puxeran en contacto con el, parece que as cousas están máis calmadas.
Claro, se é que se a xente chama para controlar a praga e póñenselle a dicir guarradas pode ser unha catástrofe humanitaria… que cousas.