Aínda que despois de ver a seguinte táboa comparativa entre as próximas consolas de sobremesa podemos dicir que a calidade gráfica será moi similar entre elas:

comparacion ps4 xone

O vicepresidente de Sony, Guy Longworth, falou sobre a potencia da PS4 aclarando que terá maior fidelidade gráfica que a súa competidora Xbox One:

A realidade é que cada vez que hai un cambio de xeración, o terreo de xogo aumenta, e cremos, que en realidade temos unha superioridade en canto a fidelidade gráfica.

Cremos que temos o correcto para os xogos, cremos que é o correcto para a nosa plataforma e estamos encantados de contarllo á xente.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Sony: PS4 terá maior fidelidade gráfica que Xbox One”

  1. NetOverflow di:

    De pouco vale ter un hardware máis potente se non se aproveita como é debido. Non hai máis que ver a xeración actual…

  2. carlos di:

    tamen a ps3 é mais potnt q a xbox360 e non cambio a miña xbox pola chatarra xaponesa loool

Deixar un comentaio a NetOverflow