lanzamento-xbox-one
Recentemente, Amazon, tenda online por excelencia, creou a ficha da vindeira videoconsola da compañía de Redmond, a Xbox One para que os seus clientes poidan reservala. O interesante desta ficha é que puxeron como data de lanzamento o vindeiro 27 de novembro.

Dende Microsoft xa se apuraron a negar que esa sexa a data real de saída e que soamente se trata dun “placeholder”, tal e como declarou un representante da compañía:

“É unha táctoca habitual dos vendedores poñer datas e prezos de referencia ata que lles informamos da data e prezo definitivo. Estamos excitados co lanzamento da Xbox One en novembro de 2013.”

Para os que non sexades moi dados ás tendas online, sirva como referencia un exemplo do que recentemente vos informabamos cando nalgunhas tendas poñían os: xogos de PS4 a 99,99 dólares. Nese caso, como as propias tendas non sabían cal sería o prezo exacto ao que sairían os prezos, simplemente puxeron nas fichas un prezo “desorbitado” para evitar reclamacións dos usuarios. Se por exemplo tiveran posto 59,99 dólares e ao final os xogos custasen 69,99 dólares, a avalancha de queixas que terían sería enorme e terían que pagar eles eses 10 dólares de máis.
Pois ben, neste caso os de Amazon puxeron unha data de referencia ata que dende Microsoft lles confirme a que será a data final de lanzamento da nova videoconsola.

Pola súa parte, Sony tamén se apresurou a negar a data do 13 de novembro que moitas tendas anunciaron a semana pasada como lanzamento da PlayStation 4, afirmando que esa data era simplemente especulativa.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario