Sony Computer Entertainment anunciou que a nova entrega da súa saga de simulación de condución, o Gran Turismo 6 contará cunha edición especial polo 15 aniversario da saída da primeira entrega da saga.
Esta edición especial incluirá os seguintes extras:
- Caixa metálica do 15 aniversario deseñada por Polyphony
- Gran Turismo 6
- 1 Millón de créditos dentro do xogo
- 20 coches especiais con pezas e rendemento especiais
- Pinturas, traxes, cascos de carreiras e avatares especiais
- Apex II, unha nova versión actualizada da guía de xogo Apex
A lista deses 20 coches exclusivos:
- Alpine A110 1600S (1968)
- Lotus Europa (type54) (1968)
- Lexus IS F Racing Concept (2008)
- KTM X-BOW R (2008)
- TRD 86 Racing (2008)
- Volkswagen Scirocco GT24 Race Car (2008)
- Aston Martin V12 Vantage (2010)
- Alfa Romeo TZ3 Stradale (2011)
- BMW Z4 GT3 (2011)
- Honda weider HSV-010 (SUPER GT) (2011)
- Lamborghini Aventador LP 700-4 (2011)
- Mercedes-Benz SLS AMG GT3 (2011)
- Renault Sport Megane Trophy V6 Race Car (2011)
- Audi R8 LMS ultra (Audi Sport Team Phoenix) #3 (2012)
- Ford Focus ST (2013)
- Ford Mustang Shelby GT500 (2013)
- Nissan GT-R NISMO GT3 N24 Schulze Motorsport (2013)
- SRT Viper GTS (2013)
- Tesla Motors Model S Signature Performance (2013)
- Chevrolet Corvette Stingray (C7) (2014)
O Gran Turismo 6 incluirá uns 1.200 coches e 33 localizacións. Está previsto o seu lanzamento en novembro para PlayStation 3. Polo de agora, nada se sabe se haberá versión para PlayStation 4