Estaredes de acordo en que cando unha empresa ten que aclarar tantos detalles da súa consola, sacar diariamente declaracións para calmar os xogadores e mesmo rectificar sobre algunhas das súas políticas, entón é que algo non se está a facer ben.
Pois poucas horas despois de que Microsoft anunciase que a Xbox One non tería que conectarse diariamente para xogar e que o mercado de segunda man continuaría como actualmente, o vicepresidente corporativo de Xbox, Marc Whitten, saíu á palestra para realizar unhas declaracións.
Deste xeito afirmou que todos os videoxogos que merquemos deberán ser instalados na consola para desfrutar dos seus contidos, así como conectar a Xbox One á internet cada vez que adquiramos un novo título para activalo.
O directivo tamén deixou caer que Kinect deberá estar conectada permanentemente para que a consola funcione, independentemente de que o xogo empregue este dispositivo ou non.
E para concluír aclara que o día do lanzamento, a Xbox One xa terá unha actualización:
Sempre estivo planeada unha actualización para o día do lanzamento, débese simplemente a unha diferenza entre os calendarios de fabricación fronte aos de software.
Son eu, ou continúan obrigando a ter internet para xogar?
Euu fíome destes o que dun ministro español. Se non chega a ser pola competencia obrígannos até a pagar unha cuota cada vez que encendamos a consola.
Eu sigo pensando que algo se gardan, seguro que teñen algunha sorpresa co live ou así.