batman-arkham-origins

Como saberedes, a próxima aventura do cabaleiro escuro está en camiño, mais despois da calidade e do éxito das dúas entregas anteriores os fans non están moi convencidos deste Origins, por que? pois porque Rocksteady xa non estará detrás do xogo, e son Warner Bros Game Montreal os encargados de que Batman volva por todo o alto.

Polo de momento o que vemos nos vídeos non desgusta, mais esa incerteza segue patente nos xogadores, polo que Eric Holmes, directivo do propio estudo tivo que saír a facer unhas declaracións ao respecto:

A xente ten todo o dereito a ser cínica, pero que veñan e proben o xogo nun dos eventos a onde o levamos. Penso que tan pronto como teñan o mando na man verán que é un xogo auténtico e que emprega as mesmas mecánicas que os xogos previos da saga Arkham.

Pero despois disto continuou falando até chegar ao punto que queremos, asegurando que o título terá unha historia que enganchará e gustará a todos, sobre todo aos que sen fans do superheroe:

Ademais creo que sobre todo temos unha gran historia. Non podo contar moito sobre ela, pero o que si podo asegurar é que estou moi emocionado con ela. É unha historia moi importante no mundo de Batman e os fans, estou seguro, van desfrutar dela moito máis que calquera outra persoa.

Agora só toca agardar ao 25 de outubro a que chegue ás tendas para confirmar que isto sexa certo, e para que vaiades abrindo o apetito, déxovos o tráiler do xogo:

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario