A división de filmes de Ubisoft anunciou que está a traballar para levar á pantalla grande tres das súas maiores franquías: «Watch Dogs», «Far Cry» e «Rabbids», que se engaden a outras tres xa anunciadas: Assassin’s Creed (con Michael Fassbender como Desmond Miles), Splinter Cell (con Tom Hardy como Sam Fisher) e Ghost Recon (coa direción de Michael Bay).(Estes actores aínda non foron confirmados oficialmente, pero son os que máis soan, segundo os rumores da industria).
Segundo Jean-Julien Baronnet, CEO de Ubisoft Motion Pictures, a compañía tratará estes filmes como títulos independentes con novas historias, non como adaptacións dos videoxogos. Tamén comentou:
“Non todos os videoxogos farán un bo filme e para outros pode que sexa moi pronto para facer un filme.”
A relación da industria dos videoxogos coa do cinema non é nova, pois xa existen numerosos títulos que contan con adaptación cinematográfica, con diferentes niveis de calidade e éxito, como é o caso de «Resident Evil» , «Super Mario Bros.» ou «Tomb Raider» , por exemplo.
Noutras declaracións recentes, Yves Guillemot confirmou que están a traballar en tres novas entregas da saga Assassin’s Creed. Tamén comentou que polo de agora a compañía non se plantexa crear exclusivas para a Wii U, polo menos, mentres Nintendo non mellore as cifras de vendas da súa nova videoconsola.
Rabbids? En serio?
Aínda que non me preocupo demasiado, que como case todos, seguro que rematan canceladas.
A min tamén me chamou a atención o desa versión, pero quen sabe, igual é a máis exitosa de todas.
P.D: Eu aínda estou agardando polo filme do «Gears of War». Un ano destes, quizáis… xDDDD