Novos detalles sobre Playstation Plus de PS4

Por: Martes, 18 de Xuño de 2013

PlayStation-Plus

Non todo foron boas noticias no evento que levou a cabo Sony coa súa nova consola, e sen dúbida, un dos detalles que menos gustou á comunidade de xogadores foi que para xogar online a calquera videoxogo nesta consola houbese que pagar.

Mais para matizar algún detalle deste servizo de pago, un dos directivos de Sony, Fergal Gara, fixo unhas declaracións na que aclara que as actualizacións e contidos multimedia estarán dispostos para calquea usuario, sen necesidade de pago.

Se decides non suscribirte aínda, tes moitas cousas por facer. Acceder á TV Online e ao servizo de filmes, as características sociais de PS4 e aos xogos da consola sen suscripción, actualizacións automáticas… así que estamos tratando de ser o máis equilibrados e xustos como nos sexa posíbel.

Pero a pesar disto, tampouco negaron que os subscriptores de Playstation Plus terán maiores vantaxes, incluíndo a versión de Drive Club que recibirán coa súa saída, iso si, con algunha limitación.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario