Darksiders conservará a sua esencia clásica.

Por: Luns, 17 de Xuño de 2013

darksiders_by_shalizeh-d3llwsl

Nordic Games, o estudio que adquiriu recentemente os dereitos de desenvolvemento da licencia tras a bancarrota de THQ, asegura que os próximos títulos da franquicia seguirán mantendo o espírito que sempre caracterizou a saga.

De feito, as seguintes declaracións de Reinhard Pollice no medio Joystic parecen confirmalo:

Hai que saber seleccionar coidadosamente as series que se están a preparar para unha nova secuela ou entrega. Nos queremos dar ós fans aquilo que coñecen do pasado da franquicia e lles gusta, levándoo a un nivel superior. O que ti como xogador esperarías dunha secuela.

No referente a Darksiders:

Falamos dunha serie realmente grande. Sabemos que precisamos un socio para ela. Falamos con vellos membros do equipo [de desenvolvemento] e, se están libres, queremos que se involucren de algunha maneira na nova entrega. Se lles permite porque, como sabedes, algúns deles encontraron outros traballos ou están en Crytek por agora. Non esperaría un Darksiders 3 antes de dous anos.

 

Sobre o autor:

@Nero | Ver as entradas publicadas por Nero »

«Levo máis de 20 anos xogando a videoxogos, comecei no meu Comodore 64 repartindo patadas co Last Ninja II, pasando por a Super Nintendo e a Game Boy Pocket no campo consoleril ata chegar as máquinas da presente xeración. Amante do xénero J-RPG e aficionado os xogos de acción, degustar historias e mundos oníricos e a miña paixón como gamer.»

1 Comentario a “Darksiders conservará a sua esencia clásica.”

  1. Skaltum di:

    Personalmente paréceme unha saga de moita calidade e entretida, sobre todo para aqueles que amamos as aventuras de acción con certos toques de plataformas.

    Vou ser optimista e pensar que teñen razón e que van manter a esencia da saga, optimistas hai que ser sempre.

Deixar un comentario