ryse_sons_of_rome-004

Ryse: Son Of Rome presentouse coma un xogo revelación no pasado E3 sendo un título vehicular para a nova consola de Microsoft. O xogo póñenos na pel dun soldado romano que deberá abrirse camiño a base de combos nas guerras romanas. Deixou o público impresionado grazas o seu poderío gráfico e as revolucionaras mecánicas presentadas no apartado da xogabilidade.

Sen embargo, hai uns días apareceu un articulo no medio Kotaku onde podíase ler que os “Quick Time Events“, escenas onde temos que pulsar un determinado botón dentro dun tempo limitado, sairán exitosos aínda que o xogador os complete de forma errática.

Por suposto, as críticas non chegaron en acudir os foros de Crytek, desenvolvedora do xogo en cuestión, que non tiveron máis remedio que explicarse cá seguinte declaración:

Non queremos que os xogadores se sintan frustrados

Ryse tiña como obxectivo plantexar un novo tipo de desafío para os xogadores expertos no xénero do Hack & Slash e convertirse no rival directo de God Of War na consola de Microsoft, pero visto o visto, van ter que consider se rebaixar a dificultade é prudente para competir neste mercado cada vez máis especializado.

Sobre o autor:

@Nero | Ver as entradas publicadas por Nero »

«Levo máis de 20 anos xogando a videoxogos, comecei no meu Comodore 64 repartindo patadas co Last Ninja II, pasando por a Super Nintendo e a Game Boy Pocket no campo consoleril ata chegar as máquinas da presente xeración. Amante do xénero J-RPG e aficionado os xogos de acción, degustar historias e mundos oníricos e a miña paixón como gamer.»

2 Comentarios a “Os QTE de Ryse poderán completarse aínda que os fallemos.”

  1. bozak di:

    mi madriña querida , ¿que gracia ten pois os quick times?

  2. Skaltum di:

    Dentro de pouco o protagonista xa se vai mover el só…que maneiriña de quitar a dificultade dos vidioxogos. Pensan que así abarcarán máis mercado, e posiblemente sexa verdade, mais un xogo sen ningún tipo de reto para o xogador, convértese nun produto aburrido.

Deixar un comentaio a bozak