Os pais da emblemática saga de rol The Witcher cualifican de “triste” a situación de que o seu país natal esté fóra dos plans de Microsoft na tempada de lanzamento da consola.
Se voltamos a vista atrás, relembraremos que Microsoft publicou unha lista onde se marcan aqueles países que recibirán a devandita máquina, deixando fóra un montón deles, tal como é o caso de Polonia, Arxentina, Portugal ou incluso Xapón. As razóns que especificaron os de Redmond foron que a calidade da infraestrutura da rede é inferior a que necesita Xbox One para executarse debidamente ou porque a cota de mercado é insuficiente para xustificar a saída da consola.
Tal e así que nin tan sequera comprando a consola mediante importación podería chegarse a utilizarse posto que os servizos de Xbox Live non estarían en funcionamento.
Marcin Iwiski, co-fundador de Cd Projekt, espera que a lista non sexa definitiva, e facendo de portavoz do estudio, declarou que amosáronse abraiados pola medida de Microsoft e animan a os usuarios polacos a que non se queden de brazos cruzados ante as inxustas medidas.
É unha consola non un medicamento…. q mercan ps4 e dean por saco a microsoft
Ben dito, aínda que se nos poñemos na pel de CD Projekt entendemos que debe ser molesto que unha das plataformas onde están a traballar o seu xogo novo non poida chegar as mans dos seus fans máis achegados.