Lebron James portada do NBA2k14

Por: Xoves, 13 de Xuño de 2013

Cando aínda non remataron as series finais da NBA, 2K sports xa adianta quen será a portada da vindeira edición do xogo deportivo máis premiado, o NBA2K, e faino apostando sobre seguro, escollendo ao que ten case que todas as papeletas para facerse co seu segundo anel (co permiso de Tony Parker e os seus Spurs), a megaestrela da NBA e actual MVP da liga regular, Lebron James.

NBA-2K14-portada-LeBron-James

Portada do NBA2k14 de 2K Sports

Volve así a saga a darlle protagonismo absoluto na portada a un so xogador actual, cousa que non acontecía desde a aparición de Kobe Bryant na edición de 2010. Xa que en 2011 recurriron a Michael Jordan, en 2012 ensaiaron con distintas portadas de xogadores clásicos e na edición de 2013 amosaron en portada á tripleta formada por Kevin Durant, Blake Griffin e Derrick Rose (na versión que se comercializou nestes lares substituíuse a Durant por Marc Gasol)

A compañía aproveitou a atención suscitada polo final de temporada para publicar nun curioso anuncio a colaboración do #6 dos Miami Heat:

 

Tamén no E3 de Los Angeles se viu un breve adianto de como lucirá o xogo na nova xeración de consolas, mais deixandolle todo o protagonismo, e por partida dobre, a “The King” James:

 

O xogo estará dispoñible a partir do vindeiro 4 de outubro para Xbox 360 e PS3, e coas súas saídas á venda para as novas Xbox One e PS4, sendo a notable a ausencia dunha versión para Nintendo Wii U.

No último trimestre poderemos logo comprobar se 2K Sports seguen a ser os reis do baloncesto virtual, ou ceden ventaxa hacia os seus competidores, xa que cómpre lembrar que, desta vez semella que si, EA Sports recuperará a súa franquicia NBA Live logo de tres anos consecutivos adíando o proxecto ao non conseguiren un producto de suficiente calidade.

Sobre o autor:

@ssendon | Ver as entradas publicadas por ssendon »

«Entrei nesto da man de Alex Kidd, e desde aquel intre comprendín que parte da gracia é escoller o teu bando e criticar o dos outros. Declarome logo de Sega, da Xbox e do Fifa. No futuro apocalíptico que nos agarda enrolareime coma Gears ao servizo da COG, mentres tanto emulo, malamente, a ídolos musicais co guitar hero»

Deixar un comentario