Con certa incredulidade vemos algúns os últimos movementos en comunicación e márketing da compañía estadounidense, que parece empeñada en gañarse a enemizade de boa parte da comunidade gamer.
Despois das reaccións producidas pola confirmación de Sony de que PS4 non encadeará ao usuario a internet (o que disparou as expectativas comerciais da compañía xaponesa a respecto do seu rival máis directo), a reacción de Microsoft chega en forma de declaracións claramente desafortunadas.
Foi nada menos que Don Mattrick, directivo da compañía e mestre de cerimonias nas últimas conferencias, quen ven de declarar; “temos un producto para xogadores que non teñen ningún tipo de conexión (á rede), chámase Xbox 360”.
Mattrick amosouse totalmente convencido de que os xogadores acabarán por aceptar as restricións de Xbox One cando vexan as súas vantaxes, ao tempo que reiterou que para aqueles e aquelas xogadores/as que non dispoñen dunha conexión a internet boa e estábel a solución de Microsoft é non dar o salto xeracional; “Ese, (Xbox 360), é un dispositivo offline”, insistíu o directivo da compañía americana.
Eu teño a sensación de que Microsoft se está a rir directamente na cara de todos os xogadores.
Ou iso, ou todo é unha broma da empresa norteamericana.
Igual ao rematar o E3 din aquelo de “sorría, isto é unha cámara oculta”, 😛
Será iso entón, porque sigo sen entender esa estratexia comercial.
Dentro do malo,o bo é que Sony non tomou unha medida similar, porque entón si que estariamos fodidos…
A verdade é que o Sr. Mattrick ten máis cara que espalda para decir semexante barbaridade e quedarse tan pancho.