Resumo da conferencia de Microsoft

Por: Luns, 10 de Xuño de 2013

e3-2013-ms-600x300

Por se non puidestes ver en directo a conferencia, nin seguido polo noso Twitter, aquí vos fago un breve resumo do que anunciaron os de Microsoft.

Primeiro dicir que sorprende que cumplisen coa promesa de centrarse case en exclusiva na presentación de videoxogos, pero así foi, mais antes de amosarvos os títulos comentarei os poucos aspectos alonxados dos videoxogos que se presentaron.

O punto máis importante: Data e prezo.

Cando pensabamos que nos ían deixar sen esta información, na recta final desvelaron o prezo e data de lanzamento. A Xbox One custará 499€ e sairá en novembro. A verdade, todos os rumores apuntaban a este prezo polo que non sorprende demasiado, outra cousa é se estás disposto a gastalos coas “trabas” que ten, iso é a vontade de cada un.

Outra das noticias que sorprendeu foi o lanzamento dunha nova Xbox 360 máis pequena e delgada. Non anunciaron prezo, áinda que si dixeron que estaría nas tendas dende xa. Está claro que a mensaxe foi que non abandonarán a Xbox 360 así como así, e paréceme un movemento intelixente tendo en conta a sucesora…

Tamén fixeron algunha que outra demostración con tablets e as Smartglasses, mais nada que non fose eclipsado pola presentación de videoxogos que procederei a enumerar.

Comezaron cun tráiler con gameplay do Metal Gear Solid V: The Phantom Pain, que tamén sairá en Xbox One. Aquí tedes o vídeo, como podedes comprobar dalle máis importancia á liberdade de acción.

Despois disto deron un paso atrás presentando unha serie de xogos exclusivos pero que pasaron totalmente desapercibidos. A medida que vaian chegando os vídeos e tráilers iremos amosándovos máis. Os xogos eran:

Kinect Sports Rivals creado por Rare, World of Tanks que terá unha versión para Xbox 360, Max the Curse of Brotherhood (un plataformes aparentemente infantil), Minecraft coa súa versión para Xbox One, D4 (un título do que apenas se sabe nada pero ergueu aplausos por estar realizado por Swery, creador de Deadly Premonition) e Project Spark (un título de construción que sairá para Xbox One e Windows 8).

Quizais me equivoque mais estes xogos que acabo de mencionar e que penso que a maioría son exclusivos non destacan en comparación cos grandes anuncios que se levaron a cabo e os que vou facer mención a partires de agora:

Un dos títulos que mellor sabor de boca deixou foi Rysen:Son of Rome, título desenvolvido por Crytek e que nos mete na pel dun romano. Non vou dicir nada, abonda con ver o seguinte vídeo.

Outra das sorpresas foi Sunset Overdrive, un xogo dos creadores de Ratchet and Clank no que nos sumerxe na pel dun deportista de parkour pero que á súa vez debe loitar contra todo tipo de bechos. Pinta ben.

Killer Instinct tamén se deixou ver nesta presentación (si, este era o título que rescataría RARE)

O título de condución por excelencia de Microsoft sempre foi a saga Forza e a quinta entrega anunciárona con este gameplay:

Pero se houbo un xogo que levantase expectacións nesta presentación, esa foi Dead Rising 3, e non só porque será exclusivo de Xbox One, senón porque polo que podemos ver será máis serio que as dúas entregas anteriores:

E seguimos con terceiras partes, xa que The Witcher 3 tamén foi anunciado con este vídeo:

Se recordades, no anterior evento de Microsoft houbo un xogo que marcou a todos os xogadores, Quanum Break, pois ben, como era obvio non ía faltar á cita, e non só iso, senón que chega cun tráiler prometedor:

Battlefield 4 tampouco faltou neste evento e aínda que polo que se pode ver o espectáculo intenta primar ante todo, non chega a sorprender, ou polo menos a min.

E como non, o título por excelencia de Microsoft, un novo Halo foi anunciado baixo un enigmático e prometedor tráiler até que se soubo de quen se trataba:

Para rematar a conferencia decidiron amosar o videoxogo de Respawn, baixo o nome de Titanfall, un FPS nun mundo cheo de robots xigantes que deberemos facer fronte. Tampouco destaca demasiado nin innova en ningún punto concreto:

Estes foron os títulos que máis destacaron e que debo recalcar neste pequeno resumo. Non dubidedes en botarlle un ollo. Fáltanme pequenos vídeos que se dexaron ver como de Below (un pequeno videxogo do creador de Sword e Sorcery) ou Crimson Dragon, o desaparecido xogo de dragóns, pero os que xogos que máis van dar que falar nos próximos días son os mencionados.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario