No medio dun impresionante espectáculo de luces e son, Peter Moore abríu lume na conferencia de EA.
O primeiro que a compañía americana puxo en escea foi unha nova entrega do fenómeno “casual” Zombies Vs Plants, que será editado co subtítulo de “Garden Warfare”. Acto seguido profundizaron en “Titanfall”, outro shooter subxectivo aderezado con robots que xa vimos asomar na conferéncia de Microsoft e que ademais de chegar a Xbox One, tamén o fará a PC.
Nun xesto inesperado, EA deixou asomar uns cantos segundos dun novo SW Battlefront, pero cando chegamos a entender o que pasaba fugazmente ante nós xa estábamos vendo un novo Need for speed (NFS Rivals), o título de turno en EA para amantes da velocidade, que aproveita o novo hardware para que se vexan de fábula os coches e as estradas polas que haberá que… correr.
O momento que moitos agardábamos chegou xusto a continuación, co primeiro trailer de Dragon Age Inquisition. Un trailer con caras familiares para os fans, unha das cais chegou a provocar unha ovación da audiencia. Haberá que agardar, iso si, até un extremadamente lonxano outono de 2014.
Aínda co bo sabor de boca, chegou o momento inevitábel de ver desfilar as edicións anuais dos diferentes títulos deportivos da compañía. O principal pareceu, seguíndo a tónica habitual, convencer ao público de que non eran os mesmos do ano pasado. A algúns espectadores a sucesión de títulos deportivos nas conferencias de EA fáisenos simplemente eterna.
Reapareceu Battlefield 4 despois da súa accidentada presentación na conferéncia de Microsoft, presentándonos o seu xa mais que recoñecido formato, adscrito a un dos xéneros mais saturados nos nosos días. E por último, a sorpresa que EA se gardaba na manga, unha secuela do xa clásico Mirror´s Edge do que non se facilitou aínda data de lanzamento.
Resumo da conferencia de EA
Luns, 10 de Xuño de 2013
Ai, ese Mirror’s Edge! Que pintaza que ten!
Sen dúbida parece ter o necesario para gañarse aos xogadores que xa desfrutaron da primeira entrega.