Dragon Quest Caboclo

Por: Luns, 3 de Xuño de 2013

Novo vídeo de Marcos e Matheus Castro (e toda a xente que colabora con eles). Despois das súas parodias musicais Um Joystick, Um Violão e da incríbel Lenda do Herói, chega agora Dragon Quest Caboclo, a primeira canción-RPG.

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario