Despois de que nos últimos meses algúns títulos dos catálogos de descarga de Xox 360 e PS3 conseguiran colleitar tanto éxito como “Limbo” ou “Journey”, chega agora da man de Sony e de xeito exclusivo para PSN unha aventura de atractivo plantexamento. A plataforma de distribución dixital de Sony vaise apuntar un novo tanto cun título que xa está chamando a atención dos medios, sen que aínda poidamos saber en que data poderemos premer a opción de descarga.
“Rain” propónnos unha viaxe por un mundo de atmósfera inquedante no que encarnamos a un rapaz invisíbel ao que so a choiva pode delatar, reflexando a súa silueta. Neste entorno escuro e de incesante choiva, inspirado na arquitectura clásica dalgúnhas cidades europeas, buscaremos a unha moza á que pretendemos axudar mentres ambos somos asediados constantemente por criaturas de aspecto animal. En certos momentos, e sobre todo despois de atopar á nosa compañeira e ter que protexela, “Rain” pode traernos á memoria o clásico ICO, aínda que non saberemos canto até poder xogar as pouco mais de cinco horas que durará esta intrigante aventura.
O xogo sairá nalgún momento sen concretar dos próximos meses, con toda seguridade neste 2013. Estaremos pendentes a confirmacións por Sony de datas e prezo.