A inconclusa historia de Ryo Hazuki, un xoven embarcado nunha cruzada por vingar a morte do seu pai, é unha espiña cravada para unha lexión de xogadores que, despois dos anos transcurridos, seguen buscando sinais dunha hipotética nova entrega que peche debidamente o que foi unha das sagas mais sobresaíntes do seu tempo.
Desta volta é unha fotografía que Corey Marshall (quen puña voz en inglés a Ryo) publicou no seu facebook e na que deixou trascender que estivo a grabar algo para SEGA. Con anterioridade Marshall so traballou para a compañía xaponesa nun Sonic Allstars e mais en Shenmue, sempre dando voz a Ryo, polo que as especulacións saltaron de inmediato aos medios do sector. As mais optimistas apuntarían a unha hipotética presentación de Shenmue 3 no inmediato E3, mais todo cae no terreo das consabidas apostas arriscadas que preceden cada edición do evento de Los Angeles.
Por suposto non se producíu ningúnha comunicación neste sentido pola compañía, polo que os fans terán que encomendarse de novo a unha sorte que até o de agora foilles esquiva.