Non gañamos para disgustos nestes días, e se a Xbox One non está a gustar á comunidade de xogadores (non me sorprende en absoluto), agora volvemos botar ás mans á cabeza a causa dun rumor.
A tenda Amazon púxolle prezo aos títulos de PS4, concretamente a Assassin´s Creed 4:Black Flag, Thief e Watch Dogs, e isto non sería nova se non fose polo prezo desorbitado: 99.99 dólares.
Obviamente non hai nada confirmado, pero debemos ter en conta que Amazon é unha tenda suficientemente importante como para, como mínimo,ter medo deste rumor.
Esperemos que finalmente só quede nun susto. Seguiremos informando.
Despois do disgusto da Xbox One, unha boa nova, que se fastidien os da Play :p
Polo que parece só é “placeholder”: un prezo que poñen os de Amazon (e algunhas outras tendas tamén) mentres non teñen o prezo oficial.
Isto fano porque, por poñer un exemplo, poñen ese prezo a 59,99$ e despois resulta que o prezo oficial é de 69,99$, a ver como lle din aos que reservaron unha copia que teñen que pagar 10$ máis. Serían eles quenes terían que asumir ese aumento. Por iso poñen un prezo esaxerado, moi por riba do que vai ter en realidade.
O certo é que sería máis lóxico non poñer o prezo, para evitar confusións, pero bueno, alá eles…