Xbox One 1

Despois de anunciar a nova Xbox One os periodistas que alí se atopan enuncian todo tipo de dúbidas aos responsábeis desta consola para despexar as dúbidas máis importantes sobre os rumores máis “tétricos” que arrastra esta videoconsola, pois ben, algunha desas cuestións foron respondidas e a verdade, non vos vai gustar, non vos vai gustar.

Como dicía anteriormente, Xbox One non será retrocompatíbel cos xogos de Xbox 360. Estas foron as palabras de Todd Holmdahl, vicepresidente corporativo de hardware de Microsoft:

Estreamos unha arquitectura completamente nova para esta xeración, e coa arquitectura que temos con Xbox 360 estariámonos limitando para continuar con ela.

Deste xeito esquecédevos de xogar ao Gears of War en Xbox One, aínda que para suavizar a situación, Microsoft dixo que seguirá apoiando o desenvolvemento de videoxogos para Xbox 360 durante uns aniños máis, pero sen deixar a un lado os contidos exclusivos para a nova videoconsola.

Tampouco tardaron en falar sobre os xogos de segunda man, e a resposta confirma os peores pesadelos:

Cada disco estaría vinculado a unha única conta de Xbox Live, doutra maneira poderías pasarlle un disco a todo o mundo e que todo o mundo o copiase. Isto, evidentemente, non vai pasar, e cada disco só o poderá ter instalado un só propietario.

Por outro lado,se un disco é empregado cunha segunda conta, ao usuario ofreceríaselle a opción de pagar unha cantidade e instalar o xogo, o que significa que a nova conta tamén tería o xogo e podería xogalo sen o disco.

E preguntaredes, que pasa se merco un videoxogo e quero prestarllo a un veciño para que o xogue sen instalalo e sen pagar nada? Que pasa co que levamos facendo toda a vida? Que pasa cos xogadores que alquilan videoxogos?

Pois ben, Microsoft aínda non ten resposta a todas estas cuestións, pero non augura nada bo…

E por último o tema que percorreu foros de medio mundo, necesitarase conexión permanente de internet para xogar en Xbox One, incluso os “single player”?

Esta foi a resposta:

Xbox One dará aos desenvolvedores a posibilidade de crear xogos que usen o servizo de nube Microsoft Azure, o cal significa que poderían delegar certas tarefas de computación á nube en lugar de procesalas no mesmo hardware de Xbox One. Isto si requerirá conexión.

¿Están os desenvolvedores obrigados a crear xogos que teñan capacidades online e que non se poidan xogar ofline? Non, pero espero que o fagan», (afirma Marc Whitten de Microsoft). Así, a conexión a internet obrigatoria podería cheegar de forma escalonada.

Personalmente non me gusta nin o nome da consola, nin o deseño e moito menos os temas que acabo de escribir. Acertaría Microsoft con esta consola ou PS4 volverá a ser a triunfadora despois de que nesta xeración XBOX 360 lle puxese as cousas moi difíciles?

A min polo de momento, Xbox One non me convence en absoluto.

Adivinade quen é Microsoft

Adiviñade quen é Microsoft

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

8 Comentarios a “Xbox One: Nin retrocompatibilidade, nin xogos de segunda man e conexión permenante a internet “case” obrigatoria”

  1. Neima di:

    Pfff vaia cagada, e que pasa logo que ahora resulta que se non me gusta un xogo que comprei non o podo vender nin regalar… vaia luces que teñen. Asi eu paso hasta de mirala

  2. ssendon di:

    Volvo expoñer a miña idea de que polo menos os posuidores de xogos deberíamos ter a ocasión de baixalos de balde e xogalos na nova consola. As miñas sensacións non son tan negativas coma as de skaltum pero cheganlle ben. Parece ser que se dixo que Microsoft ve coma rivias a Google e a Apple máis que a Sony e a Nintendo, así que apostan moi forte polo concepto de centro multimedia do fogar, a ver como lles sae.
    Outra dúbida non despexada é o prezo: blu-ray, 500 gb de disco duro, desencanto palpable dos xogadores tradicionais, outros nichos de mercado desde a propia consola e contexto de recesión mundial… todas estas variables non sei en que prezo de saída poden dar, pero se somos quen de pagar máis de 500€ por un iphone…

    • NetOverflow di:

      Nalgunhas páxinas falan dun prezo de 400 Libras esterlinas, uns 500 €, vamos. Prezo habitual nos lanzamentos.

      • ssendon di:

        :O por 500€ creo que vou tentar reter a 360 uns aniños máis (o que dure, que esta miña cuarta chegada de Alemania semella que aguanta máis que as súas predecesoras) e de paso teño tempo de botarlle un ollo, sen presa, a todo o catálogo de xogazos que aínda teño pendente desta xeración

  3. Moucho Branco di:

    Coa retrocompatibilidade aínda teríanme un pouco agarrado polas mesmísimas, pero xa que a sua propia avaricia corta esa continuidade quedo libre para un “formateo” na próxima xeración, e eu, dende logo collo o primeiro desvío.
    Xa teño dito que estou profundamente descontento coa dirección actual do groso da industria pero o de onte de Microsoft foi dunha obscenidade grotesca. Non so non penso mercarlles esa caixa de galletas na que implementan políticas monopolistas e restrictivas até a loucura,senón que paso de mercar un so xogo mais de XBOX 360 pola sinxela razón de que xa non é a primeira que merco nesta xeración e todo o meu parque de xogos desta consola (e os cartos invertidos niso) queda supeditado á obsolescencia programada da moi vulnerábel máquina actual. Porque gastar cartos en xogos encadeados a unha máquina condeada a morte cando sabemos, ademais, que a súa vida técnica é moi corta?. Quen pense que unha Xbox 360 vaille durar décadas operativa coma unha Super Nintendo pode ir despertando do seu sono…
    E xa nin me molesto en falar do bodrio de Kinect como aposta de futuro, porque aínda non decidín se ese trebello dame risa ou noxo. Como tampouco me gusta o fútbol americano e xa teño televisión pouco mais podo dicer de esta… o que sexa isto. Dame igual que se compren a EA, a Spielberg, ou ao propio ET.
    Polo ben dos gamers agardo que esta ofensiva económica con forma de video Beta se pegue a ostia do milénio. Xa nos están desangrando con xogos incompletos, DLCs a esgalla, prezos europeos abultados etc… Non penso tragar con xogos por cada conta e demais indecencias.
    Insisto, obsceno.

  4. Skaltum di:

    A miña opinión é que Sony estaba preocupada pola presentación de onte, mais unha vez rematada, quedaron tranquilos de todo, porque dubido moito que vexan rivalidade algunha.

    A conferencia de PS4 adicouse a presentar videoxogos case en exclusiva, vale, algúns mellores que outros, pero no fondo é o único que lle importa aos xogadores, polo menos a min, xogos e novos apartados técnicos, así como a posibilidade de mellorar o dinamismo nestes, como eliminar tempos de carga, ampliar escenarios, movemento continuo, etc.

    Por outro lado, a conferencia de Xbox centráronse na súa posibilidade de ver a TV e pouco máis. Como van captar o entusiasmo dos xogadores deste xeito? Quererán empregar a mesma estratexia que Wii e centrarse nos casual gamers?

    Non, non vexo claro o éxito desta consola. Que non me poidan deixar videoxogos? Que non poida xogar aos xogos da Xbox 360 que teño? Que cada 24 horas haxa que conectala obrigatoriamente a internet? Pero que merda estás facendo Microsoft?

    Só son palabras dun gamer frustrado que con só unha hora de presentación da nova consola, xa non augura nada bo.

    Aqueles que somos amantes das consolas só nos queda amarrarnos a única rocha “aparentemente” fixa antes de que nos leve a corrente. Esta rocha chámase PS4.

  5. carlos di:

    menudo pufo …. a consola é fea a rabiar, parece unha caixa de zapatos cun mando de ordenador…. o de non poder prestar xogos e demais xa é de coña …. en fin eu comprei a xbox360 a semana seguinte de sair … con esta esperarei un bo anaco …

  6. NetOverflow di:

    Despois de ver o que nos agarda na seguinte xeración de videoconsolas, soamente podo dicir: “Ai, PC querido!! Canto tempo sen vernos!!”

Deixar un comentaio a Skaltum