Ás 19:00 desta tarde Microsoft daba comezo o seu esperado evento no cal presentarían a súa nova consola de sobremesa que substituirá á Xbox 360, e unha hora e cuarto despois remata a conferencia, aquí van as noticias máis salientábeis.

Microsoft non agardaou absolutamente nada en presentar a súa nova consola baixo o nome de Xbox One.

xboxone

Despois de amosala ao mundo comentaron as súas características técnicas baixo a seguinte imaxe.

xbox one especificacions

Como podedes observar a consola conta cunha CPU de 8 núcleos respaldada con 8 GB de RAM. Finalmente, o rumor extendido a voces faise realidade e a Xbox One contará con Blu-Ray e 500 GB de Disco Duro.

A parte disto conexión vía Wi-fi,USB 3.0 e entrada e saída de HDMI, pero lonxe de quedarse aquí deron moita importancia á conectividade da consola con tablets,móbiles…, amosaron o novo Kinect e observamos o que denominaron TV Online con Skype integrado e a posibilidade de ver as estatísticas en directo.

Tamén deixaron caer que preparan unha serie de TV de Halo supervisada polo propio Steven Spielberg.

Pero non todo son boas novas, xa que a retrocompatibilidade con Xbox 360 desaparece:

Estreamos unha arquitectura completamente nova para esta xeración, e coa arquitectura que temos con Xbox 360 estariámonos limitando para continuar con ela.

En canto a videoxogos as sorpresas foron mínimas, mais o que si resaltaron é que están a traballar en 15 exclusividades e 8 delas completamente novas.

Microsoft confirmou que traballan no FIFA 14,NFL,Madden,NBA Live e UFC sen amosar ningún dato salientábel.

Turn 10 anunciou Forza Motorsport 5 co seguinte tráiler:

Tampouco soltaron máis información sobre este título. Supoño que se resgardan para o inminente E3.

Remedy tamén estivo presente anunciando unha nova franquicia baixo o nome de Quantum Break:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=JZIaouzxAys

E para rematar o aclamado Call of Duty:Ghosts cerrou o evento con este tráiler que nos amosa a un dos nosos compañeiros, un can.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario