Por se vos esquecedes, mañá tedes un evento que incluso pode traer máis expectación que o propio E3, mañá presentarase ao mundo a sucesora da Xbox 360.
Aaron Greenberg, un dos responsábeis de Microsoft falou sobre este evento e sobre o que nos deparará o E3 por parte da compañía americana.
O certo é que vamos contar unha historia en dous eventos. Vamos comezar o día 21, que será para presentar a nova plataforma Xbox; a nosa visión sobre o futuro dos xogos, o futuro do entretemento. Sen dúbida temos moitas sorpresas planeadas.
A xente poderá botar un gran vistazo ás entrañas do que é crear unha nova plataforma, e o equipo que lle deu vida. Para ser honesto, é en realidade sobre o equipo, a xente que hai aquí.
Por outro lado tamén falou sobre o E3 e a resposta foi alentadora para todos, xa que mencionou que “os xogos serán todo no noso E3, con toneladas de primicias e exclusivas mundiais”.
De momento, se queredes seguir a presentación da nova XBOX poderedes facelo dende Xbox.com e en Xbox Live a partires das 19:00.
Non estades impacientes?
Unha das miñas teimas sobre a nova xbox sería que existise retrocompatibilidade cos xogos da actual, é decir, que poidese usar os xogos que teño para a 360 na nova consola, mais coido que no mercado dixital (copia non física) ao que lamentablemente nos levan eso non terá moito sentido. Quizais unha posible solución sería que (debido aos costes que se lle supón debe ter a retrocompatibilidade), comprobando que tes o xogo orixinal, a nova consola cho deixase descargar para xogalo.
Malas novas para ti…e para min, e supoño que para todos, porque no evento desta tarde confirman que non existirá retrocompatibilidade cos xogos de Xbox 360, coa exusa de que estrean unha estrutura completamente nova, e se o fixesen estaríanse limitando…
Non sei, non sei. Non me convenceu para nada a presentación de hoxe.