Despois de que Nintendo anunciase que non estaría presente no próximo E3, dan un pasiño atrás e hoxe confirman que terán un pequeno evento na feira máis importante de videoxogos.
Este evento estará encabezado por Shigeru Miyamoto e Reggie e traerá o título de “Ven xogar connosco”. Aínda que o título non augura nada bo (ningún anuncio importante, ningunha novidade…) temos que ter presente que estarán dúas das cabezas máis representativas de Nintendo, os cales poderán sorprendernos con algo. Imos ter que agardar.
Nintendo sabe que neste E3 os grandes protagonistas serán Sony e Microsoft coas súas novas consolas, polo tanto queren manterse a un lado pero sen que ninguén se esqueza deles.
Será esta unha boa estratexia?