original

Ao pouco de pechar a división de xogos de Lucasarts, de tan bo recordo para os xogadores, Disney aclara por onde pasará o futuro dos xogos ambientados na archicoñecida galaxia moi, moi lonxana. Trátase da poderosa EA, que xa ten nestes momentos funcionando o MMO “The Old Republic”, e que en diante será a única en programar para consolas xogos con esta licencia.

Parece que non trascendeu de cantos anos será a duración do contrato, nin tampouco se EA ten intención de rescatar Star Wars 1313, un proxecto interesante e diferente no que se atopaba traballando Lucasarts. Pola contra, foi feito público que tanto VICE (creadores de Battlefield) como Visceral (creadores de Dead Space) atópanse xa traballando en xogos de Star Wars.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario