Como completar o Snake

Por: Domingo, 5 de Maio de 2013

snake

Lembrades o vello xogo da serpe, ese que viña naqueles móbiles Nokia irrompíbeis? Pois alguén conseguiu completalo. Eis o GIF acelerado do que foi unha partida de 13 minutos e 17 segundos ao Snake, até conseguir completalo. Sen dúbida, toda unha fazaña.

Fonte | Kotaku BR

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario