Nintendo lanzou a actualización do firmware 3.0 para a Wii U.
Antes da descarga, avisan ao usuario que o proceso pode levar máis dunha hora e que non apague a videoconsola durante o proceso para evitar posibles erros no sistema.
Entre as novidades, podemos atopar, entre outras cousas:
- Función stand-by, que permitirá a descarga e instalación automática de contidos despois de apagar a videoconsola.
- Soporte para o controis Wii Remote, Wii U Pro Controller, e o Control clásico en Miiverse e o explorador de Internet.
- Cando se merque contido descargable na Nintendo eShop, instalarase automáticamente despois da descarga e tamén se descargarán automáticamente as actualizacións dispoñibles.
- Posibilidade de ordear as descargas.
- No xestor de almacenamento poderanse conectar dous dispositivos de almacenamento USB para transferir datos entre eles ou á memoria interna da videoconsola. O resto do tempo, soamente se poderá conectar un dispositivo USB de almacenamento.
- Mellora na estabilidade do sistema así como unha mellora notable nos tempos de carga.
Máis información na páxina oficial.