Xa hai data de presentación da nova Xbox

Por: Mércores, 24 de Abril de 2013

xbox-720
Despois de moitos rumores e especulacións dende que fai dous meses a súa principal rival Sony “presentara” a PlayStation 4, agora é a compañía de Redmond a que move ficha.

O vindeiro 21 de maio ás 7 da tarde (hora española) non fagades plans, pois a esa hora será cando Microsoft faga a presentación oficial da súa vindeira videoconsola, aínda que parece que ese día darán un pequeno adianto da súa «visión de futuro», pero será 19 días despois, na Electronic Entertainment Expo (E3), cando ofrezan todos os detalles da nova videoconsola. Unha táctica moi similar á empregada por Sony coa PlayStation 4.

A presentación poderemos seguila a través de Xbox.com e en Memoria Pixelada informarémosvos de todas as novidades que presenten.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario