Esta mesma semana, Electronic Arts lanzaba o parche de actualización 2.0 para o SimCity, mais parece que, se ben este parche elimina certos erros que tiña o xogo, está a xerar outros novos, como sobrecargas na rede de sumidoiros, problemas de tráfico, de son e cargando partidas gardadas, entre outros moitos.
Como era de agardar, os usuarios non tardaron en comentar en certos foros da rede, como o oficial de EA ou Reddit, para expresar a súa ira con estes novos erros. Outros tómano con máis humor e miran o lado divertido destes erros.
Polo de agora nin Electronic Arts nin Maxis se pronunciaron ao respecto destes novos erros e se xa están a traballar nunha nova actualización que arranxe estes novos erros. Polo de agora tocará agardar a que pronto o solucionen.