Un estudo feito na Universidade McGill en Canadá, os doutores atoparon un interesante tratamento para a ambliopía (máis coñecida como “ollo vago”): xogar ao Tetris.
Segundo as probas feitas en 18 adultos, observouse que o xogo resulta máis efectivo como tratamento desta enfermidade, fronte ao empregado normalmente que consiste en tapar o “ollo bo”, para forzar ao “vago” a traballar máis.
Despois destes resultados positivos, agora queren facer as probas con 50 rapaces, para comprobar que se obteñen os mesmos resultados nesa franxa de idade.
Se se confirma en idades máis novas, eu penso que teño o ollo ben adestrado.